200 mozos atopan a súa primeira oportunidade laboral nos concellos

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/17/plan_emprego_deputacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/17/plan_emprego_deputacion.mp4{/flowplayer} 

     

    PONTEVEDRA> Pechado o proceso de selección para o novo Plan Laboral da Deputación de Pontevedra. No salón de plenos, máis de 200 mozos da provincia escolleron o que será o seu posto de traballo durante os vindeiros 6 meses, que probablemente se converterán nun ano. Unha primeira oportunidade laboral que, desta volta, será na administración pública.

    Caras alegres desfilaron durante toda a mañá pola Deputación de Pontevedra.

    Un a un, 212 mozos da provincia foron asinando o que será o seu primeiro contrato laboral no eido dos seus estudos.

    Durante seis meses prorrogables a un ano, traballarán repartidos nos concellos da provincia. Unha oportunidade que, agardan, lles abra portas para o futuro.

    Para este novo Plan Laboral na administración pública, que ven complementar a iniciativa que xa está en marcha na empresa privada, a Deputación destinou 2,2 millóns de euros.

    O presidente da Deputación felicitouse tamén polas cifras de inserción conseguidas ata o de agora. Segundo calculan, 34 de cada 100 bolseiros quedan na empresa.

    Hoxe fíxose realidade esta primeira oportunidade. Esta mañá puxeron os papeis en regra. O vindeiro 1 de abril poderán, por fin, incorporarse ao seu posto de traballo.