Cincocentos escolares aloxaranse no campamento da Espiñeira

    BOIRO> Só esta semana hai 100 nenos de tódolos puntos da xeografía galega. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou as instalacións acompañado polo alcalde da vila, Xoán Xosé Dieste.

    Durante dúas semanas, estes rapaces vivirán en Boiro, gozarán das súas praias, paisaxes e instalacións grazas ós campamentos da Xunta de Galicia. Hoxe visitamos o da Espiñeira. Aquí están 97 nenos e nenas, de entre 10 e 12 anos, vivindo unha experiencia inmellorable. Espérase que durante toda a temporada estival pasen polo campamento boirense un total de 500 mozos. A parte, 1.200 nenos da comarca do Barbanza desprázanse a outras vilas para vivir a súa particular experiencia. Para desenvolver estas actividades, o departamento autonómico inviste preto de 2,3 millóns de euros, que repercurten en 900 empregos de monitor e director de tempo libre. Eles serán os encargados de facer inesquecible o paso dos nenos polo campamento de verán. O campamento da Espiñeira desenvólvese ó redor da temática teatral, o circo e a expresión corporal.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/03/visitadirectorxeralxuventudecampamentoespineira0307141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/03/visitadirectorxeralxuventudecampamentoespineira030714.mp4{/flowplayer}