RIBEIRA> A proba, presentada esta mañá no Club Náutico e Deportivo de Ribeira, terá lugar este próximo domingo. Prevese unha participación dun centenar de nadadores.
Por terceiro ano consecutivo a xunta local da Asociación Española Contra o Cancro organiza a Travesía a nado Illa de Rúa. A proba xurdiu cun marcado carácter benéfico, pois todo o recadado irá a parar en favor da entidade.
Juan Carlos Brión volverá a encargarse do apartado técnico. Como en edicións anteriores a travesía terá un percorrido dun 4.400 metros e nela prevese unha participación dun centenar de nadadores, un número lixeiramente inferior ó de anos anteriores.
Entre as entidades colaboradoras coa proba atópanse o propio Concello e o Club Náutico e Deportivo de Ribeira. Para as dúas é un verdadeiro orgullo o feito de poder colaborar con esta iniciativas.
Na xornada previa do sábado terá lugar tamén unha charla técnica, as seis da tarde, no salón de actos da lonxa para tódolos que desexen asistir, a cargo de Andrés Carrera Costa, adestrador de natación, especialista en augas abertas que falará precisamente sobre este tipo de probas.