Dous feridos nun novo accidente na Vía Rápida do Barbanza

    POBRA > Un novo accidente na vía rápida do Barbanza deixa como resultado dous feridos de diversa consideración e danos materiais. Polo momento non se coñecen as causas do sinistro no que se viron implicados dous turismos cando circulaban á altura da Pobra do Caramiñal.

    O choque tivo lugar arredor das oito da mañá cando se atoparon de fronte os dous vehículos, un Fiat Brava con matrícula de Coruña 3890 BY e un Opel Astra con placas de Pontevedra 9012 BJ. Os conductores, únicos ocupantes dos vehículos, eran dous varóns do Porto do Son que responden ás iniciais de J.S.C e I.V.R respectivamente.fotoaccidente_200_050706.jpg

    Ata o lugar desprazáronse membros do parque de bombeiros de Ribeira e Boiro, unidades do 061, a Policía Local da Pobra e Garda Civil de Tráfico. Polo de agora descoñécense as causas do sinistro e aínda que nun primeiro momento se pensou na necesidade de excarcerar ós feridos, finalmente non foi preciso.

    Redacción Barbanza