Outes organiza catro rutas este outono para divulgar o seu patrimonio

OUTES> O concello de Outes oferta este outono unha serie de andainas para poñer en valor o seu patrimonio. Será catro percorridos guiados que terán lugar nos meses de setembro e outubro.

O concello de Outes segue a divulgar o seu patrimonio a través de distintos roteiros. Rematdas as andainas do verán oferta outras catro rutas polas parroquias de San Cosme, Cando, Santo Ourente e Tarás.

Desenvolveranse os domingos, con frecuencia bisemanal.. Son rutas de baixa dificultade cunha, todas elas por baixo dos dez quilómetros.

Para participar é preciso inscribirse o luns anterior á celebración de cada unha das rutas.