Os empresarios de Ribeira piden máis axentes de Policía Nacional

RIBEIRA> A Asociación de Empresarios de Ribeira demanda un incremento no número de efectivos na comisaría da Policía Nacional da localidade. Faise eco así do sentir común de empresarios e comerciantes, así como tamén de veciños en xeral, ante o notable incremento da delincuencia e a sensación de inseguridade na cidade.

A través dunha carta remitida á Subdelegación do Goberno, a directiva da patronal local, solicita o incremento do número de de efectivos na comisaría da Policía Nacional. Dende a entidade entenden que a escaseza de axentes na rúa, na actualidade só hai unha patrulla dispoñible, está a provocar unha sensación de inseguridade na cidade, que vai a máis nos últimos meses a consecuencia de pequenos roubos en establecementos comerciais e bares.

Un problema ademais que se agudiza segundo eles debido á presenza de toxicómanos e pequenos traficantes  polas rúas que dan unha mala imaxe e provocan un certo medo entre a veciñanza, que mesmo evita transitar polas rúas a determinadas horas do día e deixa de ir ós establecementos comerciais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí