ABANCA anuncia 70 millóns de Euros de crédito para a provincia

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/09/convenio_abanca.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/09/abanca_pontevedra.mp4{/flowplayer}

PONTEVEDRA> ABANCA e a Deputación de Pontevedra veñen de asinar un acordo financeiro destinado a fomentar iniciativas de desenvolvemento económico e social da Provincia. Un proxecto que cobrará forma grazas a unha disposición de crédito de 70 millóns de euros ós que poderán optar empresas, familias, corporacións locais e organismos autónomos. A directiva de ABANCA presentouse onte en Pontevedra ante os directivos da Deputación Provincial e representantes de gran parte dos entes e empresas de Concellos pontevedreses. Fronte a este auditorio o Presidente de Banesco e vicepresidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet, e o Consellleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, explicaron esta xeira de axudas destinadas a optimizar a nosa economía; tanto a privada e particular como ó das pequenas e medianas empresas e da Administración. O compromiso de crédito de ABANCA para os próximos anos ascenderá ós 12.000 millóns de euros. Amais deste Plan Activamos, como se denomina o antedito convenio, a Deputación de Pontevedra falou da idoneidade de manter as condicións vantaxosas das que dispón nesta entidade financeira. Para dar conta do modus operandi da nova directiva, estes días ultiman a resolución dos últimos casos afectados pola venda de participacións preferentes.