A. Muíños: ‘Conseguimos rebaixar a débeda do concello ó 33%’

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/29/plenopresupostosrianxo2908141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/29/plenopresupostosrianxo290814.mp4{/flowplayer} RIANXO> A corporación de Rianxo aprobou definitivamente onte pola noite en pleno os orzamentos municipais para este ano 2014, cos votos a favor , BNG e PSOE, e a oposición do Partido Popular. A pesar de sinalar de que non é o momento axeitado como para aprobar uns orzamentos, a menos de catro meses de rematar o ano, o alcalde, Adolfo Muíños, desculpou este feito aludindo a diferentes problemas de persoal, debido a que o concello non puido contar dende decembro a abril co titular de intervención. Aínda así fixo referencia á importante redución da débeda viva do concello, que se sitúa agora no 33%, grazas a aplicación do plan de axuste. O rexedor rianxeiro tivo tempo tamén para criticar a nova lei de Administración Local que reduce a capacidade de decisión dos concellos. O documento orzamentario sitúase nos sets millóns de euros, dos que 2’4 irán destinados a gasto de persoal e uns 540 a investimentos. Nesta capítulo destacou a partida que se destinará ó plan de mellora dun total de 25 pistas municipais ó longo de tódalas parroquias e a realización doutra importante actuación como é o saneamento da Casilla, na liña da consecución do tan ansiado saneamento integral do concello.