As forzas da orde fan unha chamada a quedar na casa durante o festivo

BARBANZA> A chegada de días festivos, como é o caso da celebración mañá do Día do Pai, fai que as forzas da orde fagan un novo chamamento á cidadanía para que permaneza  nas súas casas, cumprido así coa súa obriga. Seguen a insistir en que se prohibirán os desprazamentos e tampouco estarán permitidos os traslados a unha segunda residencia, debendo permanecer no domicilio habitual, cumprindo co decretado tras a aprobación do Estado de Alarma. Por esta razón indicaron que se intensificarán os controis nas estradas e a pé de rúa, polo que as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos públicos por cuestións de primeira necesidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí