A retirada do anteproxecto da lei do aborto dá a razón a María Biempica

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/24/MARIA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/24/valoracion_lei_aborto.mp4{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Logo de que onte dimitise o Ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, por non dar sacado adiante o anteproxecto da Lei do Aborto hoxe eran moitos os que valoraran a retirada desta proposta normativa. Unha das máis chamativas foi a da edil María Biempíca, unha exedil do PP que foi apartada do partido por votar en contra desta lei o pasado mes de febreiro. Agora desde o grupo de edil non adscritos sentía que o tempo lle dera a razón. E é que como ela mesma explica, María votou en contra do documento normativo, e partires de aí comezou a sufrir un trato negativo por parte dos seus compañeiros de filas. A maiores da valoración pola retirada do anteproxecto de reforma da lei, a edil nos adscrita, ex concelleira do PP de Pontevedra lamentou a dimisión do Ministro Gallardón. Polo que a ela se refire, Biempica asegura estar moi a gusto traballando por si mesma no grupo nos adscrito; co que aínda non quere pensar nas vindeiras eleccións municipais pero asegura que ten varias propostas para integrarse noutros partidos.