Un incendio calcina máis de vinte hectáreas de monte en Lousame

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/29/incendiolousame2907141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/29/incendiolousame290714.mp4{/flowplayer} LOUSAME> O lume, que se iniciou de madrugada, afectou a un monte da parroquia de Tállara, sendo precisos numerosos medios, tanto técnicos coma humanos, para controlalo. O amplo operativo disposto para sufocar as lapas traballou a reo durante toda a noite para dar por controlado o incendio, que se orixinaba ó redor das tres desta pasada madrugada. A rápida intervención, tanto do persoal contraincendios, evitou a súa propagación. As altas temperaturas e o vento fixeron que o lume se estendera con rapidez chegando a afectar a unhas vinte hectáreas, segundo as propias estimacións realizadas pola Consellería de Medio Rural. En total participaron no operativo de extinción 2 axentes forestais, 8 brigadas, 9 motobombas, 1 pala e 3 Grumires. A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ó que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.