O BNG da Pobra non apoiará a investidura de outras candidaturas

POBRA> Así o acordou a asemblea da formación que se reuniu para valorar os resultados das recentes eleccións municipais.

O BNG da Pobra fixo balance dos resultados destas pasadas eleccións. Para a formación non foron os agardados, mais ben frustrantes. Perderon un importante número de votos, o que os levou a perder tamén un edil dos tres que tiñan no anterior mandato. Aínda así, o apoio dos nacionalistas antóllase necesaria para os dous grupos con maiores posibilidades de formar goberno: Nós Pobra e Partido Popular. Despois dos contactos mantidos coas dúas formacións, e atendendo a un acordo da propia asemblea, a decisión dos nacionalistas foi a de non apoiar a investidura de ningún candidato que non fose o seu

Dende a propia formación apuntan a que un posible pacto co PP é inviable, atendendo ó programa das dúas formacións, totalmente oposto, polo que só quedaría unha posibilidade. Aínda así parece tamén improbable

Haberá que agardar a asemblea desta vindeira fin de semana para saber cal será finalmente  a súa decisión.