O executivo pobrense acometerá a mellora do barrio do Lagar

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/01/plenopobra0108141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/01/plenopobra010814.mp4{/flowplayer} POBRA> A actuación, presupostada nuns 129 mil euros, irá con cargo a un novo plan da Deputación da Coruña. Despois de anos agardando e reiteradas solicitudes no concello, os veciños do Lagar verán cumprida a súa demanda coa reforma integral da zona que prevé levar a cabo o goberno local. O proxecto, que foi levado onte a pleno para a súa aprobación, contempla unha intervención importante, dende a zona da Atalaia, onde se sitúa a sede da patronal local, ata a rúa do Lagar. Ademais do ensanchado e pavimentado do vial, hoxe en día moi deteriorado a actuación prevé tamén a mellora do servizos de auga e saneamento, así como a dotación de novas beirarrúas e novas prazas de estacionamento, máis de sesenta. O rexedor local, Isaac maceiras, destacou tamén a importancia desta actuación, que beneficiará a numerosos veciños. Na sesión de onte tamén se aprobaba outro proxecto de mellora. Neste caso para a humanización da coñecida coma travesía de Venecia, nas proximidades da actual residencia, o centro de día e o centro de saúde. A obra, ascende a uns 219 mil euros, e irá con cargo ó Plan DTC93 da Deputación da Coruña.