
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/14/xardinsexcelenciainternacional.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/14/XARDINS_EXCELENCIA_PAZO_RUBIANS.mp4{/flowplayer}
VILAGARCÍA> O Pazo de Rubiáns en Vilagarcía acaba de converterse no segundo xardín de España en recibir o título de Excelencia Mundial. A Sociedade Internacional da Camelia reunida estes días en Pontevedra decidiu conceder a distinción ó pazo vilagarcián pola riqueza botánica dos seus espazos naturais e a súa espectacular colección de camelias con máis de oitocentas variedades. Desde a Deputación de Pontevedra e o concello de Vilagarcía salientan que este é un recoñecemento á gran labor realizada pola familia do pazo e confían en que sirva para potenciar o entorno como atractivo turístico. Máis de oitocentas variedades de camelias en flor, árbores monumentais e especies únicas converten ós xardíns do Pazo de Rubiáns nun entorno botánico de incalculable valor. Desde a Sociedade Internacional da Camelia souberon recoñecer esta riqueza, de aí que onte decidiran concederlle ós seus xardíns o distintivo de Excelencia Internacional. O Pazo vilagarcián convértese así no segundo de Galicia e de toda España en contar con este recoñecemento, que ostenta tamén o Castelo pontevedrés de Soutomaior. O deseño deste espazo natural remóntase ó século XIX, cando o xardineiro francés Martín Dorgambide artellou a planificación da vexetación. Hoxe segue frondosa grazas ó esforzado traballo da familia propietaria do pazo. As felicitacións á familia reproducíronse desde o concello de Vilagarcía. O seu alcalde agarda que o distintivo sirva tamén como pulo turístico. As celebracións desta distinción terán mañá un fito destacado, xa que o Pazo de Rubiáns acollerá un dos actos encadrados no Día Internacional do Cocido na Rede, o ‘Codico Day’, un evento no que o Premio Nacional de Gastronomía Kiko Piñeiro e o seu colaborador Mark cociñarán este prato típico galego, unindo o menú por excelencia do Inverno en Galicia coa Flor de Inverno da nosa comunidade, a camelia.











