A XLI Regata Princesa de Asturias terá lugar o vindeiro 15 de agosto

SANXENXO> O 15 de agosto celebrarase a 41ª edición da Regata Princesa de Asturias, concretamente a 3º dende que se recuperou esta celebración para a Ría de Pontevedra. Unha celebración deportiva, na que tal e como dixeron os seus organizadores e o alcalde de Sanxenxo, intentarán unir forzas para conseguir que sexa de carácter internacional nas súas vindeiras edicións.
A regata de piragüismo Princesa de Asturias volverá un ano máis a Ría de Pontevedra. Os concellos de Poio, Pontevedra e Sanxenxo acollen esta cita que será puntuable para a liga galega. Dende a organización animan ao público a asistir para poder ver en primeira persoa esta competición.
A participación na edición de este mantén as cifras do ano pasado, aínda que tal e como sinalou o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, moitos padexeiros galegos atopanse en fase de preparación para esta temporada.
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, sinalou na súa intervención a importancia de que a proba retome o carácter internacional e a importancia de ofrecer un programa lúdico entorno ao evento.
A día de hoxe xa hai inscritas máis de 300 embarcacións e esperase que de cara ao mércores haxa algunha máis. Combarro e Portonovo serán as saídas que serán simultáneas as 11:30h da mañá e a entrega de premios terá lugar na Ponte do Burgo en Pontevedra.