Novo golpe ó sector mexilloeiro

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/22/consumomexillon2208141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/22/consumomexillon220814.mp4{/flowplayer}

    GALICIA> Unha partida de mexillóns extraídos nas costas galegas intoxicou, presuntamente, a 60 persoas no país galo.

    Non está clara a procedencia exacta dos moluscos que intoxicaron a decenas de franceses esta semana. Tras a alerta sanitaria do Goberno francés, o Ministerio de Sanidade español reclamou ás consellerías galegas de Mar e Sanidade a emisión dun informe que detalle os controis levados a cabo, para velar pola calidade do produto e do consumidor, nas zonas das que se extraeu o bivalvo. O goberno galego indicou que cumpriu o protocolo con rigorosidade, proba diso esta nos numerosos polígonos de bateas e bancos marisqueiros pechados estes días polos altos niveis de toxicidade no mar. A raíz destas noticias que imos coñecendo día a día, hai moitos compradores, nos mercados da comarca, que se mostran cautelosos á hora de mercar mexillóns, ameixas, berberechos ou navallas, polo que poida pasar. Hai praceiros que opinan que a alarma social foi maior o ano pasado. Este sector insiste nas garantías dos produtos que ofrecen, que superaron tódolos controis de calidade. Aínda así, a pesar das reiteradas advertencias hai quen se arrisca.Aínda así, o panorama non é tan desalentador como se pinta. A recente apertura do polígono Vilagarcía A, en augas interiores da ría, aporta un raio de esperanza para o sector bateeiro. As probas realizadas polo Instituto Tecnolóxico de Control do Medio Mariño detectaron unha lixeira mellora das células prexudiciais no mar. Si descende o número de células que producen a marea vermella, eliminarase paulatinamente a toxicidade nos produtos e con sorte abrirán máis polígonos nos próximos días.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí