NOIA> O accidente tiña lugar na madrugada do sábado ó domingo na zona do Obre, na estrada AC-305.
Os signos do accidente aínda eran hoxe visibles no lugar do sinistro. Por causas polo de agora descoñecidas o turismo, un Renault Megane de cor negra colidiu frontalmente contra un edificio de vivendas existente a carón da estrada AC-305, no lugar do Obre. No interior do vehículo viaxaban dúas persoas, unha muller, de 41 anos, e un mozo de 21, ó parecer sogra e xenro, os dous de nacionalidade dominicana. Faleceron practicamente no acto. Ata o lugar desprazouse un amplo dispositivo de emerxencias, xa que foi necesaria tamén a súa excarceración.
A muller que viaxaba coma acompañante xa falecera cando os bombeiros conseguiron retirala do coche, mentres que o condutor perdía a vida momentos despois. O suceso causou unha gran consternación na vila noiesa, xa que se trataba de dúas persoas moi coñecidas, ligadas ó sector hostaleiro.
Comments are closed.