RIBEIRA> Artemar arrancou onte co pregón do artista local Manuel Ayaso. A exposición colectiva, unha das propostas desta feira, acadou gran afluencia de público na noite de onte. Pode ser visitada ata o domingo.
A feira Artemar de Ribeira fusiona gastronomía e produtos artesáns. Destaca, nesta edición, unha exposición colectiva de 13 artistas, de distintos ámbitos, vinculados co municipio ribeirense. Estes profesionais teñen en común a temática mariñeira, eso sí, exprésana de xeitos moi diversos. Na iniciativa, na que colabora Galería O Faiado, participan dous escultores (Jontxu Argibay e Xosé Gude), tres fotógrafos (Beatriz Martínez del Campo y Ricoy, Luis Polo e Rebeca Saray) e nove pintores (Teresa Argibay, Xoán Fernández, Maralla, Antonio Pérez, Loli Regueira, María Regueira, Pilar Ageitos e Elia Núñez, ademais da xa citada Beatriz Martínez del Campo y Ricoy). Aqueles interesados en contemplala deben achegarse á carpa que esta situada na praza de España. A exposición conta con pintura en vivo, haberá obradoiro de arteterapia (sábado e domingo ás 11 horas), e degustación gratuíta de lirio (hoxe e sábado ás 21 horas).