O Centro BTT do Salnés cumpre tres anos mesturando deporte e turismo

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/27/centro_btt_salnes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/27/centro_btt_salnes.mp4{/flowplayer}

 

MEIS> Xunta, Deputación e concellos do Salnés renovan a súa aposta polos centros BTT. Esta mañá, a directora de Turismo de Galicia e o presidente provincial visitaron o da comarca, que xa hai tres anos inaugurara esta rede galega.

O turismo sostible e o deporte danse a man na aposta de Turismo de Galicia polos centros BTT. Xa hai tres anos que se inauguraba o do Salnés, pioneiro na rede de Galicia.

Segundo Nava Castro, os usuarios están moi satisfeitos co centro ubicado no Campo de Golf do Monte Castrove, que ofrece outros servizos como o de alugueiro de bicicletas, vestiario e ducha, ademais de información sobre as rutas.

Quen tamén destacou o éxito deste proxecto foi o alcalde de Meis. Para o rexedor, o centro segue a precisar dun impulso, e incluso non descarta a apertura de novas rutas.

Durante a visita tamén destacaron a promoción pola que se distribuirán de xeito gratuíto 1.500 bidóns de hidratación aos visitantes que se acheguen ata o centro do Salnés.