O BNG de Noia demanda unha mellor xestión das augas residuais no polígono de Augalevada

NOIA> O BNG de Noia demanda unha mellor xestión das augas residuais no polígono industrial de Augalevada. Piden ó concello que concorra á liña de axudas autonómicas para melloras nos parques empresariais que contribuiría a contar cun correcto saneamento para favorecer a implantación de novas industrias.

O Plan Director de Saneamento de Noia reflicte as eivas no tratamento das augas residuais no polígono de Augalevada polo que o BNG reclama solucións urxentes para evitar o vertido de augas sen depurar.

Os nacionalistas propuxeron ó executivo local que concorra á convocatoria de subvencións autonómica para melloras nos parques empresarias que lle permitiría optar a unha axuda de ata 120 mil para mellorar o sistema de tratamento das augas. O concello non contempla esta posibilidade posto que a subvención sería insuficiente para acometer a totalidade da actuación.

Xunto con estas medidas para favorecer a implantación de novas empresas no municipio, os nacionalistas xa teñen solicitado a inclusión do concello na rede de espazos colaborativos  da Deputación da Coruña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí