Atracan un supermercado pobrense a punta de pistola

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/09/atracoeroskipobra0909141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/09/atracoeroskipobra090914.mp4{/flowplayer}

POBRA> As forzas de seguridade montaron un operativo en toda a comarca para darlle caza ó individuo, pero este aínda se atopa en paradoiro descoñecido.

Na tarde noite de onte, un home, que rolda os 40 anos de idade, atracou a punta de pistola a unha caixeira do supermercado Eroski da Pobra, situado fronte á praia do Areal. A traballadora do establecemento estaba cobrándolle a unha clienta, cando o caco lle apuntou directamente o corpo esixíndolle o contido da caixa rexistradora. Cun botín de 630 euros, o saqueador foise camiñando, e non nun Honda Civic como se dixo nun primeiro momento. Tras a voz de alarma, montouse un amplo dispositivo policial, con controis nas estradas municipais e comarcais. Polo momento non se identificou ó culpable, pero espérase que o visionado das cámaras de seguridade aporte datos que determinen a autoría.