Lambríaca Teatro promete risas contra a crise

chicho_santa_compana100.jpgVILAGARCÍA> O Auditorio acolle o vindeiro sábado unha montaxe da compañía Lambríaca Teatro, ‘Chicho e a Santa Compaña’.

{flowplayer}images/salnes/chicho_santa_compana.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> O escenario do Auditorio de Vilagarcía acolle o vindeiro sábado unha montaxe da compañía Lambríaca Teatro.

Chicho e a Santa Compaña é o título desta obra contra a crise, coa que a compañía pretende arrancar as risas do público e facer que este se esqueza de todo menos de pasalo ben.

A representación de Lambríaca Teatro chega a Vilagarcía a través do convenio subscrito entre a Concellería de Cultura e o Agadic. O argumento relata as peripecias de Chicho cando resulta atrapado pola Santa Compaña unha noite de resaca cando volvía a casa despois de que o botaran da orquestra na que traballaba.

A representación será este sábado ás nove da noite. As entradas xa están á venda no Auditorio e a través da web de caixanova. O prezo é de 5 euros, na zona A, 4 na B e 3 na C.

Redacción Salnés