PONTEVEDRA> A ruta dos fenicios despediu a súa presenza en Pontevedra cunha sesión de conferencias abertas na que se falou do propio itinerario cultural, así coma doutras rutas recoñecidas polo Consello de Europa. A presidenta da deputación pechou a asemblea estatal da rede presidindo esta última xornada.
Unha sesión de conferencias abertas ó público pechou as dúas xornadas de traballo da rede española da Ruta dos Fenicios, que celebrou a súa asemblea estatal na cidade de Pontevedra. No acto de clausura, a presidenta da deputación subliñou que nestas xornadas quedou patente a pegada da cultura fenicia na provincia.
Lembrou tamén a importancia deste tipo de eventos para por en valor patrimonio e cultura, como ferramenta para atraer un turismo sostible.
A xornada divulgativa de hoxe contou coa presenza do asesor de Itinerarios Culturais do Consello de Europa, Eladio Fernández-Galiano, que falou sobre o programa comunitario.
A continuación tivo lugar unha mesa redonda na que se falou doutros roteiros peninsulares, coma o Ruta dos Iberos, o Camiño de Aníbal e a Ruta das Kassiterides.