Martín Códax prepara a súa adega a dúas semanas do arranque da vendima

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/10/reparacion_vendima_martin_codax.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/10/reparacion_vendima_martin_codax.mp4{/flowplayer} 

     

    CAMBADOS> Nas adegas tamén comeza a conta atrás para a recollida da uva. Martín Códax, por exemplo, prevén comezar coa vendima a semana do 22 de setembro, de aí que estean a traballar para acondicionar as súas instalacións. Unha das últimas actuacións foi a pavimentación dunha das explanadas anexas á adega, financiada pola Deputación de Pontevedra.

    Martín Códax ultima os preparativos para a campaña da vendima. As previsións da adega sitúan o arranque a semana do 22 de setembro; ata entón, o tempo que queda será clave para definir a calidade da uva.

    Coa vendima, a Denominación de Orixe pechará unha campaña complicada. Despois dunha primavera normal en canto a precipitacións e temperaturas, o tempo e o exceso de chuvias do verán provocaron un retraso na maduración. Dende o Consello Regulador xa reduciron as previsións para este ano.

    Coa mirada posta na entrada da uva en adega, Martín Códax está a rematar o acondicionamento das súas instalacións. Unha das últimas actuacións foi a pavimentación dunha explanada anexa ao edificio principal, financiada pola Deputación.

    Na súa visita á adega, Louzán anunciou tamén a construción dunha senda peonil entre Vilariño e as instalacións da cooperativa, e a mellora dos seus accesos dende a estrada da vía rápida. Ademais, a Deputación aprobará 600 mil euros para axudas a cooperativas gandeiras e de horta.

     

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí