Incautadas 170 doses de drogas nun establecemento de Labarta

    NOIA> A Garda Civil de Noia detivo a un hostaleiro noiés despois de incautar 170 doses de droga no seu bar, situado nas inmediacións de Labarta. Ó mozo, de 34 anos, acúsaselle un suposto delito contra a saúde pública e foi posto á disposición do Xulgado de Garda de Noia. Entre os estupefacientes requisados había haxix, marihuana e cocaína. Interveuse ademais unha báscula utilizada para pesar as doses.