O Grove aproba de xeito inicial o PXOM

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/19/grove.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/19/pxom_grove.mp4{/flowplayer}

O GROVE> O tripartito de Goberno do Grove aprobou onte en pleno o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal nunha sesión tensa e ateigada de veciños. O equipo de Goberno entende que este é un momento histórico para dotar de seguridade os veciños deste Concello penínsular, namentres a oposición denuncian que os enganaron con este planeamento urbanístico. O Goberno do Grove aprobou onte o Plan Xeral de Ordenación Municipal sen o apoio da oposición. Nunha sesión tensa e concorrida, o tripartito grovense sacou adiante finalmente este planeamento urbanístico, tras catro décadas sen documento de ordenación urbanística deste tipo. Desde o Concello defenden o PXOM como unha ferramenta indispensable para o futuro crecemento ordenado deste Concello que virá a solventar moitos dos conflictos actuais, así como a resolver problemas viarios ou a creación dun área industrial entre a subida ó Siradella e o Estonllo. Goberno e oposición acúsanse mutuamente de ser enganados. O PSOE asegura que non se tiveron en conta as súas propostas e non estar dacordo ca desigualdade de trato ca que o PXOM trata ós distintos veciños. Para Esquerda Unida o documento contiña varios aspectos que non os convencía e o membro do BNG mesmo abandonou a sesión ó entender que se lles presentaba para a súa aprobación unha documentación que non virán máis que parcialmente. De agora en diante abrirase un proceso de exposición pública na que serán os veciños os que poidan presentar alegacións ó documento, presumiblemente, durante os meses de outubro e novembro.