Xulio Bustelo opta á presidencia da executiva do PP noiés

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/04/congresoppnoia040314.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/04/congresoppnoia040314.mp4{/flowplayer} NOIA> Á falta de varios días para o remate do prazo de presentación de candidaturas, a súa é a unica presentada ata o de agora. Os ó redor de cincocentos militantes do PP noiés están chamados este próximo sábado ó congreso local do partido que se celebrará a partir das cinco da tarde na casa de cultura da localidade. Nel está previsto a elección da nova executiva do partido. Á falla de dous días para o remate do prazo de presentación de candidaturas tan só hai unha lista presentada, á do actual voceiro municipal Xulio Bustelo, que xa conta cos avais mínimos requiridos. A súa candidatura seguirá unha liña continuista, cun 90% de membros da anterior executiva, e varias incorporacións de renome. O seu obxectivo pasa por recuperar a alcaldía. Bustelo tivo tamén palabras de agradecemento para o actual presidente da executiva, Antonio Pérez Ínsua, ó que se lle dará relevo este sábado, que foi quen de adquirir a primeira maioría absoluta e con ela a alcaldía, así como tamén polos bos resultados electorais acadados estes últimos anos tanto a nivel local, coma autonómico e estatal.