Os traballadores de Enmacosa reclaman o concurso de acreedores

    SANXENXO> Os traballadores de Enmacosa concentráronse esta mañá ás portas das oficinas de Portonovo para reclamar que a empresa entre en concurso de acreedores. Cren que este será o único xeito de cobrar os oito meses de media que se lle adebedan e de acadar viabilidade para continuar ca súa actividade.

    Os traballadores de Enmacosa reclaman que a empresa entre en concurso de acreedores. A situación volveuse insostible, e tras oito meses de media sen cobrar, os empregados desta empresa con sé en Sanxenxo, Madrid e Baleares entenden que esta é a única saída posible que lles queda. Enmacosa ten ata o venres da vindeira semana para entregar a documentación requirida para entrar no antedito concurso de acredores. Esta plantilla duns cento vinte traballadores acordará o luns se emprende ou non unha folga indefinida; amais dun posible calendario de mobilizacións. E é que a estes empregados non lles queda outra logo de que a xerencia confirmase a probabilidade dun futuro ERE extintivo que afectará a un número aínda por determinar de traballadores. Todo isto non ven máis que a caldear uns ánimos que xa levan moito tempo intentando atemperar. Traballadores, sindicato e empresa están a espera de que a Xunta poida meter man no asunto para axudar a viabilidade da empresa; unha resposta que ata a data non deu chegado.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/19/enmacosa_1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/19/mobilizacion_enmacosa.mp4{/flowplayer}