PP: “Os orzamentos xerais do Estado son continuistas e realistas”

PONTEVEDRA> O Partido Popular de Pontevedra defende os orzamentos do Goberno Central para o vindeiro ano 2015 cualificándoos de realistas. Segundo os populares esta proposta de gasto axudará a impulsar o crecemento económico e do emprego, así como a mellora da competitividade.

España contará o vindeiro ano cun incremento do 1,2 % no gasto para as familias e un 5,1 % máis de inversión nos servicios sociais que o presente exercicio. Estes son algúns dos datos porcentuais máis destacados duns Orzamentos Xerais do Estado que destinan a inversións en Galicia 1.385 millóns de euros, fundamentalmente a través do Ministerio de Fomento. Deste xeito o PP de Pontevedra defende este orzamento como real e executable. No desglose, a penas se detallan partidas específicas destinadas ás comarcas de Pontevedra e o Salnés. A Deputada Paz Lago salientou as inversións en ferrocarril, de novo cas obras do AVE e da aposta polo Eixo Atlántico. Amais salientou que se materializa nos orzamentos a supresión da peaxe da AP9 entre Morrazo e Rande, así como a bonificación no viaxe de volta no tramo entre Vigo e Pontevedra cando se utilice o sistema de pago de telepeaxe.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/01/paz_lago.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/01/valoracion_orzamentos_estado_pp.mp4{/flowplayer}