A folga dos funcionarios da Xustiza chega ao pleno de Pontevedra

Pontevedra> A folga da Xustiza chegou hoxe ao pleno da corporación de Pontevedra a través dunha moción do PSOE. Unha moción centrada no apoio da corporación ás reivindicacións destes funcionarios, e que foi aprobada por toda a corporación agás polo PP que votou en contra, ao considerar que a oferta da Xunta é xusta e recolle as demandas deste sector.

Os funcionarios da xustiza chegaron nesta xornada ao pleno da corporación, nesta ocasión grazas a unha moción presentada polo PSOE onde solicitaban o apoio da corporación ás traballadoras e os traballadores desta administración.

Unha moción que apoian dende a Marea

Tamén dende Ciudadanos pero cun engadido

E unha moción que tamén apoiaron dende o Goberno Local

Foi o PP o único partido que votou en contra ao considerar que a Xunta está poñendo sobre a mesa unha oferta máis que suficiente e que recolle as reivindicacións deste colectivo.

Finalmente esta moción, co engadido de Ciudadanos,  quedou aprobada cos votos a favor do PSOE, BNG, Marea e Ciudadanos. Un pleno onde tamén se aprobou instar á Xunta a que comece canto antes os traballos de mellora das instalacións da residencia de persoas maiores en Campolongo.