Ata o 28 deste mes poden coñecer a exposición da Ponte do Burgo. Berce, camiño, luz

Pontevedra> Ata o 28 de marzo xa poden descubrir a exposición Ponte do Burgo. Berce, camiño, Luz”, unha mostra de carácter divulgativo que ese expón no Edificio Sarmiento. A montaxe da mostra consta de 15 paneis e dun vídeo documental. O alcalde e a presidenta da Deputación foron os encargados de inaugurar esta mostra.

O alcalde e a presidenta da Deputación Provincial, entre outras autoridades, foron os encargados de inaugurar a exposición sobre a Ponte do Burgo, Berce, camiño e Luz.

Unha  mostra que nos achega á historia da ponte do Burgo, o seu pasado todo o que significa para Pontevedra e o seu futuro, coa rehabilitación que van a realizar ao longo deste ano neste punto da cidade.

Unha mostra da que o alcalde dixo sentirse moi agradecido e ilusonado, xa que que a Ponte do Burgo forma parte da historia de Pontevedra.

A montaxe, que poderán ver ata o día 28 de marzo, consta de 15 paneis, así como algunhas vitrinas que inclúen elementos orixinais atopados nas escavacións arqueolóxicas. O documental exhíbese nunha pantalla de 2 metros de ancho ubicada no vestíbulo da escalinata histórica do edificio Sarmiento.