A casa da cultura sonense acolle a mostra ‘Biblioteca de Libros Fantásticos’

    PORTODOSON> A exposición, que poderá visitarse ata finais de novembro, era inaugurada esta mañá pola edil de Cultura María Maneiro e a autora Carmen Domech.

    A casa da cultura de Porto do Son acolle ata o vindeiro 28 de novembro unha interesante exposición titulada ‘Biblioteca de Libros Fantásticos’ da que é autora Carmen Domech. A súa inauguración tiña lugar esta mañá, nun acto no que ademais da autora tamén estivo presente a edil de Cultura, Maria Maneiro, quen non dubidou en animar a tódolos veciños a visitala xa que merece a pena. A mostra recolle ó redor de medio cento de libros transformados en algo máis que historias. Así aparecen libros convertidos en obxetos de plástico ou outros materiais, que evocan diferentes historias e estimulan a imaxinación dos visitantes. A exposición poderá visitarse de luns a venres, no horario de apertura das instalacións, e tamén os sábados. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/31/culturaportodoson3110141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/31/culturaportodoson311014.mp4{/flowplayer}