A conselleria do Mar destaca o papel das Escolas Náuticas en Galicia

RIBEIRA> Rosa Quintana, visitou esta mañá a Escola Náutico da localidade para supervisar a marcha dos traballos que se están a desenvolver de cara a mellora de parte das súas instalacións.

As obras sufragadas pola consellería de Mar supuxeron un investimento de máis de 580 mil euros. Foi froito da solicitude que a propia dirección da Escola Náutico Pesqueira lle realizou á Conselleira durante unha visita ás instalación sobre a necesidade de habilitar un salón de actos e audiovisuais e unha aula de pesca sostible e responsable.

Rosa Quintana destacou a importancia destas obras e puxo de relevo o papel que realizan as Escolas Náuticas de cara á formación dos alumnos para facer fronte ó reto do relevo xeracional.

posteriormente a titular do Mar desprazouse ata Noia onde visitou a lonxa de Testal para supervisar tamén as obras que se están a acometer na rula. Alí aludiu á publicación esta semana no Diario Oficial de Galicia da ampliación en preto de 680 mil euros do crédito destinado á convocatoria de 2020 das achegas para a modernización das instalacións portuarias no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. Este incremento súmase á cantidade inicial de 2,5 millóns de euros destinada para este fin a principios de ano, o que supón un importe total de máis de 3 millóns de euros. estas achegas están dirixidas ás confrarías de pescadores e con elas impúlsanse proxectos de mellora da eficiencia enerxética, como poden ser a modernización da iluminación interior con tecnoloxía led ou proxectos de aforro enerxético nas instalacións de frío, entre outros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí