![]()
POBRA> O grupo parlamentario socialista presentou unha proposición non de lei para controlar os vertidos industriais no municipio.
A agrupación socialista da Pobra leva meses denunciando a constante presenza de vertidos procedentes das empresas ubicadas no polígono da Tomada. Dende o PSOE acusan ó executivo de facer a vista gorda e non aplicar o regulamento sancionador; as súas críticas amén van dirixidas á empresa Aguagest que a pesar de contar cun dispositivo para saber cales empresas están a verter, estas prácticas continúan sen ningún tipo de consecuencia.
{flowplayer}barbanza/vertidospsoepobra.flv{/flowplayer}
A iniciativa da agrupación socialista da Pobra, o deputado parlamentario, Xosé Manuel Lage presentou unha proposición non de lei na que insta á Xunta a deseñar un plan de control de vertidos neste concello así como que se garanta o cumrpimento da lexislación ambiental.
O obxectivo é conseguir compatibilizar a actividade industrial clave para o desenvolvemento económico co respecto ó medio ambiente, de xeito que non se prexudiquen outros sectores como a pesca ou o turismo.
Redacción Barbanza









