A patronal pobrense consegue a medalla ó mérito ó traballo para Severino Escurís

POBRA> O presidente da Asociación de Empresarios da Pobra do Caramiñal, Manuel Tomé, anunciou a solicitude que a entidade fixo ó Goberno de España que posibilitou da concesión da medalla de ouro, por mérito ó traballo, a favor do empresario local, Severino Escurís Batalla. O acto de entrega deste distintivo terá lugar o próximo catro de novembro na Biblioteca Nacional en Madrid, e posteriormente procederase tamén á celebración dun novo acto a nivel Galicia.

A asociación de empresarios pobrense quixo facer un recoñecemento á traxectoria profesional de Severino Escurís Batalla, un empresario rianxeiro que dedicou a súa vida á creación de empresas; polo que lle solicitou ó Goberno Español a concesión da medalla por mérito ó traballo. Segundo palabras de Manuel Tomé, Severino foi un gran persoa que dedidou á súa vida á creación de empresas xerando riqueza á comarca e sobre todo á Pobra do Caramiñal. Seguindo ca traxectoria da vida profesional de Severino, salientar as medallas que recibiu tanto de Galicia, a medalla de ouro da cámara do comercio, o dolmen de ouro da federación de empresarios do Barbanza entre outras. A asociación de empresarios tamén quixo contar ca axuda doutras empresas e institucións nesta petición ó Goberno; recibiu o apoio da Federación de Empresarios do Barbanza, da Cámara de Comercio, da Confederación de Empresarios de Coruña e Galicia, de ANFACO, do presidente da Xunta e dos alcaldes da comarca. Despois de que a Ministra de Empleo recibise estas adhesións, o consello de ministros determinou o pasado 13 de Xuño á concesión á medalla a favor de Severino. O acto institucional terá lugar en Madrid, o vindeiro catro de novembro, ó que Manuel Tomé, presidente da Federación de Empresario da Pobra, trasladarase como propoñente do tema. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/31/asociacionempresariospobramedallaouroseverinoescuris3110141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/31/asociacionempresariospobramedallaouroseverinoescuris311014.mp4{/flowplayer}