RIBEIRA> O concello de Ribeira adoptou unha serie de medidas para evitar novas ocupacións en inmobles abandonados. Ademais do corte de subministros nun piso da rúa Romero Ortiz, negociaron coa SAREB para o tapiado de edificios baleiros.
A recente presenza de okupas nos accesos ós departamentos de usuarios volveu abrir o debate sobre a necesidade de tomar medidas para evitar que as persoas desaloxadas do edificio das Abesadas ocupen novos inmobles.
Ademais de ofrecer unha alternativa habitacional a quen o solicitou, o concello de Ribeira xa actuou nun inmoble situado na rúa Romero Ortiz incrementando a presenza policial e procedendo ó corte de subministros.
Dende o departamento de Servizos Sociais negociaron tamén coa Sareb para proceder ó tapiado non só do bloque das Abesadas senón tamén dun edificio da súa propiedade situado ó carón da escola infantil.
Polo que respecta á ocupación das chabolas, aínda que é competencia de Portos de Galicia, o concello púxose en contacto coa administración autonómica para comunicar a presenza de okupas e prestar a súa colaboración.











