Indignación en Rubiáns polo abandono do seu centro social por parte do concello

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/04/inundacions_centro_social_rubians.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/04/inundacions_centro_social_rubians.mp4{/flowplayer} 

 

VILAGARCÍA> Indignación en Rubiáns polo abondo do seu centro social. Dende hai anos, a tempada das chuvias provoca continuas pingueiras no edificio; unha humidade que deteriora as instalacións e pon en perigo os equipamentos. Segundo os veciños, a problemática ten unha fácil solución, pero denuncian a falta de interese do concello.

Coa chuvia, chegan as pingueiras ao centro social de Rubiáns.

Ningunha das habitacións do edificio está libre deste problema que, aseguran, tería unha solución sinxela e barata.

Por iso, culpan directamente ao alcalde de que esta problemática estea aínda sen solución. 

Para eles, o abandono deste centro social é un exemplo do que está a pasar en todo Rubiáns.

E denuncian que esta mesma situación se está a padecer en diferentes puntos do rural vilagarcián.

Polo de momento, os veciños de Rubiáns anuncian que tomarán medidas trala reunión que a xunta directiva da asociación manterá esta semana.