Mañá abre o prazo para a retirada das invitacións ó xantar dos maiores en Ribeira

    RIBEIRA> Esta mañá tivo lugar a presentación da novena xuntanza dos maiores no Concello de Ribeira. A celebración terá lugar o vindeiro 23 de novembro no Pavillón Deportivo ‘A Fieiteira’. Como en anos anteriores espérase encher o aforo do pavillón.

    A edil de Servizos Sociais e Promoción Social, Mari Carmen Vizcaya e a xefa de servizo dos Servizos Sociais Francisca Vidal, compareceron en rolda de prensa para presentar a novena xuntanza de maiores que terá lugar no Concello de Ribeira. Trátase dunha xuntanza continuista, seguindo o mesmo perfil que en anos anteriores onde tamén se conserva o prezo do ano pasado. A edil Mari Carmen Vizcaya tamén quixo resaltar o agarimo de parte do Concello de Ribeira ós maiores, por ofrecerlle esta oportunidade de poder xuntarse e saudarse. Destacar que haberá servizo de autobuses tanto á unha e media como as sete e media da tarde ó remate da celebración. Recordar a todos os que queiran asistir que a partir de mañá poñeranse as entradas á venda na tesourería do concello. Como en anos anteriores os veciños de Ribeira terán preferencia. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/04/presentacionxuntanzamaioresribeira0411141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/04/presentacionxuntanzamaioresribeira041114.mp4{/flowplayer}