Os locais de Pontevedra encheranse de música en galego coa volta do Galegote Rock

PONTEVEDRA> A música en galego volve ter unha cita en Pontevedra. Tras dous anos de silencio pola pandemia a cidade recupera o Galegote Rock. A proposta que encherá os bares e salas da cidade cunha ampla e variada oferta musical na nosa lingua. Celebrarase entre o xoves 28 e o sábado 30 de abril.

A mellor música en galego volverá resoar nos bares de Pontevedra. Despois dun ano de silencio pola pandemia e outro apostando polos exteriores, volve no seu formato orixinal O Galegote Rock.

A décima edición da cita comezará o xoves 28 de abril. Ata o sábado 30 actuarán grupos de estilos ben diferentes: High Paw, Copa Turbo, Os Silvestres, Ruxe Ruxe, Moucho, Eladio y los seres queridos, Kris K DJ, Xeración Sónica, Zeltia Irevire, Grampoder, Berto e Carlos Crespo DJ.

Os concertos desenvolverase en ambiente case pre pandemia. Serán case todos en interiores de espazos como O Grifón, a Sala Karma ou O Diaño.

Este ano o Galegote Rock aposta ademais por recuperar o espírito Xabarín. Co fomento de cancións na nosa lingua entre as novas xeracións.

E é que o lema está claro: a nosa música, mellor en galego!