O BNG solicita a mellora da sinalización viaria en Rosalía de Castro

    RIBEIRA> O grupo municipal do BNG solicítalle ó equipo de goberno a mellora da sinalización viaria na rúa Rosalía de Castro. Dende a formación frentista sinalan que despois da ampliación das beirarrúas neste punto, a estrada quedou moi xusta e moitos vehículos teñen problemas de paso se, os que veñen polo sentido contrario, non se achegan ó seu respectivo lado. Por esta razón piden que se pinte unha liña divisoria na estrada que separe os dous carrís, o que evitaría pequenas colisións como as que se están a producir ultimamente. Dase a circunstancia segundo eles que esta vía é unha das arterias principias de acceso ó centro da cidade.