O doutor Eduardo Díaz-Rubio recibe o IV Premio de Investigación Oncolóxica

    GALICIA> A acto de entrega do galardón ó xefe de Servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Clínico San Carlos de Madrid, estivo presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Destacadas personalidades do ámbito sanitario, político e social de toda Galicia asistiron no hotel dos Reis Católicos á entrega ó doutor Eduardo Díaz-Rubio do cuarto premio de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal – Fundación La Rosaleda. O acto estivo presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, quen destacou a súa importancia, segundo el de gran relevancia para todo o sector sanitario. Tamén estiveron presentes a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera e o presidente de honra do xurado, o empresario Ramiro Carregal Rey, que foi ademais o encargado de entregarlle o galardón ó premiado. Díaz-Rubio é o xefe do Servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Clínico San Carlos, sendo ademais pioneiro no noso país no desenvolvemento da especialidade de oncoloxía médica cun sentido integral da asistencia, docencia e investigación. Razóns todas elas máis que xustificadas para o xurado deste premio para entregarlle este prestixioso galardón, dotado con quince mil euros, e que se sitúa entre os máis importantes do panorama nacional e internacional.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí