![]()
PONTEVEDRA > Novo capítulo na polémica que viven estes días os veciños de Sanxenxo e Vilalonga polo suposto plan…
…de mellora da estrada que une estas dous vilas. Segundo os veciños afectados, o cruce de A Vichona necesita unha rotonda xa que se trata dun nó de estradas moi perigoso. Esta mañá,.a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González Bea, reuniuse coa delegada provincial de Política Territorial, María Isabel Domínguez Quintás, para buscar unha saída a este conflicto.
O primeiro paso será o vindeiro venres en Santiago. Alí, está previsto unha segunda reunión entre a alcaldesa e a delegada á que tamén asistirán ó director de proxecto, Henrique Pardo, e un técnico da Xunta.
Será este último quen explique os pormenores do deseño actual deste plan. Ademais, na reunión intentárase fixar unha revisión do documento entre políticos y técnicos. Mañá a alcaldesa de Sanxenxo recibirá ós veciños afectados a partir das nove e media da mañá no concello.
Redacción Salnés









