OUTES> Este sábado Outes volve a acoller unha nova edición da Feiriña. Desenvolverase durante toda a xornada na rúa da Capela.
Segundo explicou o alcalde, Manuel González, trátase dunha cita xa consolidade que busca reivindicar a cultura e a gastronomía tradicional e de paso promocionar o comercio local.
Nesta edición haberá un total de 41 postos de artesanía, roupa e gastronomía, entre outros. Récord de participación en relación con anos anteriores.
O programa incluirá tamén actividades paralelas dirixidas a tódolos públicos con obradoiros creativos para a rapazada, animación infantil a cargo do clown galego Peter Punk, música en vivo na sesión vermú con Mad Martin Trío e pola noite da man do DJ Juan Sendón e tamén ruada durante todo o día co Grupo de Gaitas Garandoiro.











