O prezo medio do ourizo supera en Aguiño os dez euros

RIBEIRA> Bo balance da campaña do ourizo en Aguiño cun prezo medio por riba dos dez euros. A este recurso, engádense os ingresos xerados polo percebe, a navalla e a ameixa; principais especies que están a traballar os mariscadores de Carreira e Aguiño.

Off

A difícil situación xerada pola suba do carburante estase a ver lixeiramente atenuada polos bos prezos que están a acadar algunhas especies na lonxa de Aguiño. É o caso do ourizo que chegou a alcanzar os 14 euros, cunha media sostida de entre 10 e 11 euros.

Inserto

Outra das especies á alza é a ameixa roxa que veu incrementado o prezo ante a escaseza do recurso.

Inserto

Os mariscadores complementan a súa actividade coa captura de navalla e percebe co obxectivo de diversificar a oferta en lonxa. Os prezos destas especies non son tan estables e dependen do incremento da oferta pero dende a confraría fan un balance positivo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí