Noia acolle este mes de decembro a última edición da campaña ‘Mais que comercio’

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/02/presentacioncampanamaisquecomercionoia0212141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/02/presentacioncampanamaisquecomercionoia021214.mp4{/flowplayer}

    NOIA> A campaña Centros Comerciais Abertos ‘Mais que comercio’ terá lugar este mes en Noia na súa última edición, despois de levarse a cabo durante todo este ano por diversos centros comerciais de toda Galicia cunha media de 9.000 participacións. Os clientes son os que elixirán cal é o comercio noiés que máis lle gusta.

    A directora xeral de comercio, Sol Vázquez, e o presidente de Noia Histórica, Francisco Pérez veñen de presentar a última edición da campaña promovida pola Xunta de Galicia para o comercio local. Tras o Venres Negro Noia acolle unha campaña máis, sobre todo en datas de Nadal, na que intentan reforzar as escasas ventas que está tendo actualmente o comercio local. O obxectivo da campaña é promocionar o comercio local, o comercio de proximidade, no que por cada cinco euros de compra os comercios entregarán ós clientes unha rifa cun código que ben poden entrar na páxina web maisquecomercio.com e engadir o código ou tamén o poden facer por teléfono. Unha vez xoguen en liña con ese código os clientes optarán ós máis de noventa premios ofertados polos 110 establecementos que forman parte desta campaña. A asociación Noia Histórica quixo agradecerlle á dirección xeral de comercio e sobre todo á directora Sol Vázquez o seu apoio e a sús disposición, entregándolle unha réplica da lauda gremial de Noia.