{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/26/zona_aberta_megasa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/26/zona_aberta_megasa.mp4{/flowplayer}
VILAGARCÍA> O futuro da finca de Megasa volve ao pleno vilagarcián. O BNG levará á sesión unha moción para opoñerse á instalación de grandes superficies comerciais na vila. Este movemento coincide coa campaña en contra do centro comercial que está a pór en marcha Zona Aberta. A asociación de comerciantes pide á sociedade vilagarciá que se una a eles e recorra a licenza de apertura.
Zona Aberta busca sumar apoios na súa loita contra a construción dun centro comercial na antiga finca de Megasa. A asociación fai un chamamento á sociedade para que presenten de xeito individual recursos á licenza de apertura da área.
A asociación porá a disposición de todo o que queira participar un recurso tipo. Tamén teñen previsto facer dúas xornadas a semana que vén para captar apoios na rúa. O prazo para presentalos remata o 8 de setembro, quince días hábiles despois do anuncio no DOG do inicio dos trámites para a licenza.
Nesta reclamación, Zona Aberta conta co apoio do concello. Tamén de todos os partidos da oposición, excepto o PP.
O concello traballa agora na busca de mecanismos para paralizar a construción desta gran área.
Tania García lamentou ademais que se perderan catro anos para evitar a instalación de grandes superficies pola paralización do PXOM que, asegurou, realizou o Partido Popular.