Os parados de longa duración xa poden solicitar o subsidio de 426 euros

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/15/axuda_estatal_parados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/15/axuda_estatal_parados.mp4{/flowplayer}

 

PONTEVEDRA> Dende hoxe, os parados de longa duración con responsabilidades familiares, que esgotaran as súas prestacións seis meses antes de presentar a solicitude e que continúen inscritos como demandantes de emprego, poderán pedir a nova axuda de 426 euros do goberno central. O subsidio enmárcase no Programa de  Activación para o Emprego.

As oficinas do Servizo Público de Emprego xa comezan a recoller as solicitudes para acollerse ao Programa de Activación para o Emprego posto en marcha dende o goberno central.

A eles, o goberno concederálles unha axuda de 426 euros. Un respiro que celebran dende os sindicatos, aínda que consideran insuficiente.

Esta política complementarase dende a Xunta. Despois de tres anos sen acordos, goberno autonómico, patronal e sindicatos UXT e Comisións Obreiras, asinaban onte un plan dotado de 10 millóns de euros para mellorar a empleabilidade de 20 mil parados de longa duración.

O outro programa acordado dende a Xunta diríxese a outro dos colectivos máis desfavorecidos: os desempregados menores de 25 anos. O plan inclúe formación, prácticas en empresas, contratos incentivados e axudas ao emprendemento, que contarán cun investimento de 50 millóns de euros para os anos 2015 e 2016.

No caso dos parados de longa duración, contarán co asesoramento de funcionarios do Servizo Público de Emprego para orientalos na busca activa de traballo.