
PONTEVEDRA> A Ría de Pontevedra prepárase para acoller a primeira Regata Interclubes. Os náuticos de Sanxenxo, Portonovo e Beluso, o RO Yachts Club de Combarro, o Real Club de Mar de Aguete e a Escola Naval de Marín, ademais da Deputación de Pontevedra, organizan este evento, co que pretenden impulsar a vela de inverno.
Os náuticos de Sanxenxo, Portonovo e Beluso, o RO Yachts Club de Combarro, o Real Club de Mar de Aguete e a Escola Naval de Marín, son os responsables do nacemento da Primeira Regata Interclubes Gran Premio Deputación de Pontevedra.
O evento constará de seis probas que se desenvolverán os sábados entre o 24 de xaneiro e o 18 de abril, e contará co apoio da Deputación provincial.
Barcos da ría de Arousa, de Vigo e de Coruña xa están anotados. Onte, era 26 as embarcacións inscritas para participar, e a organización prevé superar a trintena. Tampouco faltarán á cita os alumnos da Escola Naval de Marín.
As inscricións son totalmente gratuítas, así como tamén as estancias nas mariñas para os participantes doutros portos externos á Ría de Pontevedra.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/15/ptac_regata_interclubes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/15/ptac_regata_interclubes.mp4{/flowplayer}








