Ribeira publica un anuario dixital co máis destacado de 2014

    RIBEIRA> Os cidadáns de Ribeira xa teñen á súa disposición unha revista dixital sobre o labor municipal ó longo de 2014. O anuario, que leva por título ‘Riveira Viva’ recolle as principais infraestruturas, os servizos postos en marcha e as diferentes programacións desenvolvidas nos eidos de cultura, Turismo e Deporte. A través deste anuario dixital de noventa e seis páxinas, o concello de Ribeira pretende seguir avanzando na súa política de transparencia facendo partícipes ós veciños do labor municipal ó longo do pasado ano. A revista, dispoñible na páxina web do concello, foi elaborada polos servizos municipais de prensa e informática polo que non supuxo ningún custo para as arcas municipais. A publicación divídese en tres grandes bloques. O primeiro, espazos de progreso, recolle as actuacións executadas en 2014, principalmente en materia de seguridade viaria e medio ambiente. O segundo leva por título ‘Crecer Xuntos’ e incide nos servizos educativos e sociais impulsados dende as diferentes concellerías. A programación cultural, deportiva e turística compón o terceiro bloque. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/15/anuariodixitalribeira1501141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/15/anuariodixitalribeira150114.mp4{/flowplayer}