750 escolares participan nunha proba deportiva en Portas

PORTAS> Más de 750 cativos se deron cita, este xoves, na Azucareira de Portas. A motivación estivo dividida en dous aspectos, por un lado pásalo ben e por outro competir con rapaces doutros centros.
Un total de 750 cativos de 2º e 3º de primaria se deron cita para competir na final provincial escolar de campo a través por equipos de centros escolares.
Nesta final estiveron presentes todos aqueles rapaces que conseguiron clasificarse nos seus respectivos campionatos zonais da provincia, organizado por doce agrupacións deportivas escolares que coorganizan xunto co Servizo Provincial de Deportes o programa Xogade do deportes escolar.
Este ano como novidade entregaranse medallas aos tres primeiros clasificados de cada carreira e categoría, e despois haberá diplomas para os sete seguintes ata chegar ao 10º clasificado.
Neste evento deportivo no que colabora a Brilat de Pontevedra, entre outros, participaron centros de toda a provincia. Moraña, Portas, Sanxenxo, Caldas de Reis, Vilagarcía ou Meaño, son tan só algunhas das vilas de procedencia de todos estes cativos que o pasaron en grande na Azucareira de Portas este xoves.